lunes, 20 de diciembre de 2010

BO NADAL!!

   Queridas familias:
   Este ano os nenos e as nenas de Covas fixemos diferentes actividades para festexar o Nadal.  Entre elas fixemos unha postal inspirándonos no artista Miró e máis concretamente na súa obra "O comezo do día".
   Para facer a postal utilizamos diferente materiais (papel de lixa, cartón, recortes de revistas...) e decoramos o sobre utilizando témpera e rotuladores.


    Ademais para o festival, (que será o mércores día 22 ás 10:00, no salón de actos da adega Martín Códax), imos cantar a panxoliña : "Rodolfo o reno". 
   Estades todos e todas invitados/as, os esperamos!!!.

    Aquí os deixos un enlace onde podedes atopara a panxoliña.  BO NADAL!!!


lunes, 22 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Como tódolos anos celebramos o magosto no colexio Enrique Barreiro Piñeiro.  Alí estivemos asando e comendo castañas, queimamos no patio do colexio unha castaña de papel (a castaña cociñeira), que fixemos entre todos/as os nenos e nenas do colexio e xogamos cos demais nenos/as de Infantil a diferentes xogos relacionados co Magosto.  Pasámolo xenial!!!

domingo, 21 de noviembre de 2010

AS PINTURAS PALEOLÍTICAS!!!

   En Covas de Lobos seguimos a traballar no noso proxecto sobre a prehistoria. Esta semana estivemos afondando nas pinturas que realizaban os homes e mulleres da prehistoria no interior das covas, facendo hipóteses sobre que pretendían expresar, por que o pintaban, que materiais e técnicas usaban...e o xoves entre todos/as fixemos un mural sobre a pintura paleolítica que demostrou unha vez máis que os nenos e as nenas de Covas son uns artistas.





domingo, 14 de noviembre de 2010

IMOS CELEBRAR O SAMAIN!!!

Como tódolos anos, imos celebrar o Samaín, para iso imos ao colexio Enrique Barreiro Piñeiro e alí cos demais compañeiros/as de Educación Infantil disfrazámonos e celebramos esta festa de MEDO!!.

Días antes na escola, estivemos a traballar a emoción do medo, falamos sobre que cousas e persoas nos daban medo, como se comportaba o noso corpo cando tiñamos medo..contamos contos de medo e ademais fixemos uns morcegos chulísimos!!!












BENVID@S AO NOVO CURSO 10-11!!!!

Queridas familias, benvidas ao novo curso escolar 2010-11!!!.

Este ano imos traballar un proxecto novo sobre a PREHISTORIA, os nenos e as nenas de Covas están moi ilusionados/as e teñen moitas ganas de traballar...mans á obra!!!
No primeiro trimestre imos traballar sobre a forma de vida dos homes e as mulleres da prehistoria (como se vestían, onde vivían, como se alimentaban, como se expresaban artísticamente...).

No segundo trimestre traballaremos a flora e a fauna típica do momento (especialmente os dinosaurios que lles encantan).

E no último trimestre traballaremos sobre os principais descubrimentos da época: o lume, a roda e o acto de sementar.

Sería moi interesante que este Nadal, tanto os Reis Magos como Papá Noel, trouxeran agasallos relacionados co tema, así os/as nen@as poderían ampliar os seus coñecementos e despois compartilos na escola.



Como libro de referencia neste proxecto imos utilizar un que se titula: "Cromañones", cada nen@ recibirá unha copia do mesmo o día so seu aniversario.
Facer clik enriba do seguinte enlace e poderedes visualizalo...aos nen@as de covas encántalles!!!!
Los cromañones

viernes, 2 de julio de 2010

ADEUS CO CORAZÓN!!!!!


Todo ten un final...e en Covas temos que despedir ós"maiores". Desexámoslles moita sorte nesta nova etapa que van comezar e queremos que saiban que sempre estarán nos nosos corazóns.













miércoles, 16 de junio de 2010

SOMOS EXIPCIOS E EXIPCIAS

Neste último trimestre na escola de Covas, fixemos un proxecto sobre a cultura exigpcia que causou moito interese entre os nenos e as nenas. Algunhas das actividades que fixemos foron:




  • Visionamos varias películas relacionadas co tema como "Astérix y Cleopatra" o "El príncipe de Egipto".
  • O tema das momias tiña cautivados/as os nenos/as, é por iso polo que fixemos dúas momias utilizando dúas monecas da escola.













  • Ademais limos moitos contos nos que aparecían tesouros dentro dos sarcófacos, así que cada neno/a quería ter o seu propio sarcófago.




  • Os antiguos exipcios non tiñan papel como nós, así que fixemos uns papiros utilizando vendas máis café.




  • Tamén descubrimos qué eran as piramides e que tesouros gardaban no seu interior.



  • Para rematar este proxecto cada neno e nena fixo o seu propio autorretrato "faraónico", estes rapaces/zas de Covas son uns artistas!!!



lunes, 10 de mayo de 2010

POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!

Por fín chegou a primavera a Covas, agora aproveitamos máis o xardín da escola: ás veces merendamos alí, facemos a relaxación ó aire libre...e ademais coa primavera chegaron á escola uns novos veciños, son uns vermes de seda que cada día os nenos/as levan ás súas casas para coidar deles, estamos impacientes para ver como se converten en bolboretas!!!

UNHA SECUENCIA DIDÁCTICA SOBRE AS TARTARUGAS E OS DELFÍNS

Unha mañá Alberto trouxo á escola unha tartaruga que causó moito interese entre os nenos e as nenas, facían hipóteses sobre que comería, por onde lle saerían os fillos...e falando, falando... tamén había moitas dúbidas sobre os delfíns. Por todo iso comezamos unha pequena secuencia didáctica na que, entre outras cousas, visualizamos un parto dun delfín e a posta de ovos dunha tartaruga, fixemos con plastilina tartarugas e delfíns e buscamos no recanto dos animais información do noso interese.





















viernes, 19 de marzo de 2010

O NOSO PROXECTO SOBRE AS FIGURAS XEOMÉTRICAS


Durante este segundo trimestre estivemos a traballar un proxecto sobre as figuras xeométricas. Como en Covas somos moi artistas traballamos coa obra de Klee para descubrir as liñas rectas e con Van Gogh a liña curva, ademais fixemos moitas actividades utilizando o noso propio corpo. Por exemplo de forma grupal fixemos algunhas das figuras geométricas que estabamos a traballar na aula:





O rectángulo




O círculo






O triángulo





Ademais de utilizar o corpo para aprender, fixemos un obradoiro de maquillaxe no que os nenos e nenas tiveron que utilizar figuras xeométricas.























































miércoles, 3 de marzo de 2010

VISITOUNOS CARAPUCHIÑA VERMELLA


Xa hai unhas semanas, por sorpresa, visitounos Carapuchiña Vermella. Aproveitando a ocasión pedímoslle que ela mesma nos contara o seu conto e despois puidemos facerlle todo tipo de preguntas. Nati dicía que non lle parecía moi guapa....pero ó final encantounos a todos/as.


sábado, 20 de febrero de 2010

SEMENTAMOS BULBOS DE TULIPÁNS



Estas son algunhas das fotos que fixemos un dos días que sementamos os tulipáns.






1º Paso. Botamos un pouco de terra nos testos e metemos os bulbos.






2º Paso. Tapamos os bulbos con terra.











3º Paso. Por último botámoslle unha pouquiña de auga. Agora tan só nos queda agardar...










4ºPaso: por fín empezaron a medrar os tulipáns!!!, aínda son moi pequenos...pero xa estamos a facer hipóteses sobre de que cor serán...













5º Paso: Por fin!!!!!!!, o casulo do tulipán de Victor abriuse e vimos que era da cor vermella, e iso que Victor pensaba que ía ser branco...



FESTEXAMOS O ENTROIDO

Como durante este curso estamos a traballar moito con diferentes artistas, decidimos disfrazarnos de pintores e pintoras.

Ademais, durante a semana do entroido fixemos un obradoiro de maquillaxe. Os nenos quixeron pintarse como o famoso "Zorro", Natalia, Noa mais Claudia como unhas bolboretas e Nuria como unha flor...todos/as estaban guapííííísimos/as.