miércoles, 2 de noviembre de 2011

E CHEGOU O SAMAÍN A COVAS...

   Este ano os nenos e as nenas de Covas fixeron diferentes actividades relacionadas co Samaín:
  • Pintaron e recortaron unha cabaza coa profe Pili.
  • Limos diferentes contos relacionados co medo.
  • Falamos daquelas cousas que nos dan medo.
  • A profe María pintounos a cara.
  •  E por último estivemos no colexio Enrique Barreiro Piñeiro traballando diferentes actividades dixitais relacionadas co Samaín.


domingo, 16 de octubre de 2011

A MIÑA CARA

   Neste curso escolar, de xeito paralelo ao proxecto anual sobre o universo, imos traballar unha serie de secuencias didácticas de diferente temática.  
   Neste primeiro trimestre imos traballar sobre as nosas caras. 
  1. Na primeira sesión cada neno/a fixo un autorretrato.  Nesta actividade os nenos/as debuxaban libremente as diferentes partes da cara (sen correxirlles respecto á posición e número das mesmas) e utilizaban as cores que querían.
  2. Na segunda sesión cada neno/a frente ao espello describíase a sí mismo reparando no lugar onde se atopaban as diferentes partes da cara e as características das mesmas (cor, tamaño...).  Esta mesma actividade realizouse por parellas para compararse así entre eles/as.
  3. Na terceira sesión, e agrupados por parellas, os nenos/as tiñan que pintar ao seu compañeiro/a as diferentes partes da cara seguindo as indicacións da mestra (o nariz de vermello, a frente de verde, os beizos de azul...).

lunes, 3 de octubre de 2011

PINTAMOS CO NOSO CORPO!!

   O mércores 28 de setembro pola mañá apareceu como sorpresa un enorme trozo de papel branco no chan da escola, e como ben sabedes, xa que os nenos e as nenas de Covas somos uns artistas, decidimos encher ese papel de cores, pero iso sí, como condición, tiñamos que pintar con todo o noso corpo. E así foi...


domingo, 2 de octubre de 2011

O NOVO CURSO ESCOLAR 2011-2012.

   Queridas familias:
   Imos comezar un novo curso escolar e un novo proxecto, este ano sobre o UNIVERSO.
   No primeiro trimestre imos traballar sobre a estrela o Sol, no segundo trimestre sobre o noso plantea a Terra e o sistema solar e por último, no terceiro trimestre o noso satélite a Lúa e os viaxes e persoaxes históricos relacionados con ela.






sábado, 25 de junio de 2011

ADEUS CO CORAZÓN!!!

   Xa chegou o final deste curso 2010-2011, durante este meses vivimos e aprendimos moitas cousas xuntos. 
   Agora chega o momento de despedir a Noel, Víctor e Nuria que rematan connosco unha etapa para comezar outra nova no colexio Enrique Barreiro.
   Desexámosvos moita sorte e non olvidedes que na escola de Covas tedes uns amigos/as para sempre. Moitos bicos.



jueves, 26 de mayo de 2011

UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A PREHISTORIA NA ESCOLA DE COVAS DE LOBOS

   Queridas familias estades invitadas a vir a nosa exposición sobre a prehistoria e a cultura castrexa o martes 31 de maio ás 13:30 ou 15:30 na escola de Covas de Lobos.
   Nesta exposición presentaremos un power point no que os explicaremos cal foi o proceso do noso proxecto e poderedes ver as obras de arte que fixeron os nenos e nenas de Covas.
    Moitas gracias pola vosa colaboración.


sábado, 14 de mayo de 2011

A NOSA EXCURSIÓN A CASTROLANDÍN.

   Aproveitando que na escola estamos a traballar a cultura castrexa, o pasado venres 13 de maio fomos de excursión a Castrolandín (Cuntis). 
   Alí ensináronos como eran as lareiras dos castrexos/as:


   Ademais aprendimos a moer:

    
Fixemos uns vasos seguindo técnicas de decoración castrexas:




   E por último fomos a ver o asentamento castrexo que hai en Cuntis, alí os nenos e nenas fixeron moitas preguntas a Xesús (o noso guía) e viron na realidade todo o que aprendimos na escola sobre os Castros.










martes, 10 de mayo de 2011

A CULTURA CASTREXA

   Neste último trimestre estamos a comparar a cultura castrexa coa prehistórica, entre algunhas das actividades que estamos a facer son:
  • Buscar información sobre os castros e os utensilios castrexos.
  • Cada neno/a fixo o seu propio torque.
  • De xeito grupal estamos a facer un poboado castrexo co pedras e material de refugallo.
  • O venres día 13 imos de excursión a Castrolandín.


domingo, 1 de mayo de 2011

O MENHIR

   Neste último trimestre, e seguindo co noso proxecto, traballamos conceptos como "menhir" e "dolmen".  Os nenos e nenas de Covas buscaron información sobre o tema e despois  explicaronlla aos compañeiros/as.  Unha vez que coñeciamos estas construcións prehistóricas entre todos/as fixemos este menhir. 
   Quedounos chulísimo!!


lunes, 25 de abril de 2011

UN CONTACONTOS NA ESCOLA!!!

   O pasado 15 de Abril tivemos a sorte de recibir na nosa escola un contacontos que nos contou o conto "A moura na silva", ademais de bailar e xogar con el.
   Pasámolo xenial, moitísimas gracias por virnos visitar!!

 

lunes, 11 de abril de 2011

DE PASEO EN CATAMARÁN!!

   Hoxe día 11 de Abril, fomos de excursión en catamarán pola ría de Arousa dende o porto de Cambados ata O Grove. Dende o catamarán puidemos ver moitas bateas e como os mariñeiros traballaban nelas e incluso vimos o fondo mariño!!!.


   Encantounos este paseo marítimo e por un día sentímonos como verdareros mariñeiros e mariñeiras!!

sábado, 9 de abril de 2011

XA CHEGOU A PRIMAVERA A COVAS DE LOBOS!!!

    Por fin chegou a primavera a Covas e aproveitando o bo tempo faremos algunhas das rutinas da aula no noso xardín, como o momento da merenda, o yoga, o cantacontos...

sábado, 12 de marzo de 2011

FESTEXAMOS O ENTROIDO!!


     Este ano na escola de Covas de Lobos fixemos diferentes actividades para festexar o entroido:
  • Unh máscara de escaiola como as típicas venecianas:

  • Un obradoiro de maquillaxe:








  • E ademais asistimos á festa do entroido que se celebraba no colexio Enrique Barreiro Piñeiro, onde cos demais nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de cromañóns seguindo así na liña do noso proxecto sobre a Prehistoria.

martes, 15 de febrero de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE O TIRANOSAURIO-REX, O DIPLODOCUS E O PTEROSAURIO.

   Dentro do noso proxecto anual sobre a prehistoria, cada neno e nena da escola tivo que buscar información sobre un tipo de dinosaurio, explicando ós demais como e onde vivía, que comía, como era su físico, como se reproducía... e despois tiñan que facer unha exposición para explicarlles ós seus compañeiros/as o que aprenderan.
  (Pido disculpas porque os videos están en horizontal.)



CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!!

   Este ano celebramos o día da Paz subindo o colexio Enrique Barreiro Piñeiro, onde convivimos co nenos e nenas de diferentes idades, reecontramonos co compañeiros/as do ano pasado e para rematar a festa liberamos unhas pombas como símbolo da paz.


jueves, 13 de enero de 2011

SOMOS ARTESÁNS PREHISTÓRICOS!!

  Seguindo co noso proxecto sobre a prehistoria, nesta sesión, cada neno e nena fixo o seu propio vaso de barro, imaxinando, así, que somos homes e mulleres da prehistoria.

martes, 4 de enero de 2011

O FESTIVAL DE NADAL!!!

   Este ano no festival de Nadal cantamos a panxoliña "Rodolfo o reno" e todos/as fixerono moi ben!!!.



Un belen co materiais de refugallo!!!

   Este ano decoramos a nosa escola cun belen feito polas familias dos nenos e das nenas.  Cada familia tiña que facer un personaxe do Belén cunha botella de leite e decoralo o seu gusto.
   Este foi o resultado, parabéns a todos e todas porque unha vez máis demostrouse que os nenos/as de Covas son uns artistas!!!