domingo, 4 de diciembre de 2016

O GUSTO

   Para rematar este primeiro trimestre estamos a  traballar sobre o sentido do gusto. Na aula estamos a levar a cabo diferentes tipos de actividades. O pasado venres 1 de decembro estivemos facendo unha cata de alimentos doces, salgados e amargos coa mestra Fátima. Era moi interesante ver como a algunhas nenas algúns sabores lles resultaban desagradables mentres que a outras lles gustaban.



UNHA MAÑÁ NA MODIA...

   O xoves 30 de Novembro tivemos a sorte de pasar a mañá cos nenos e nenas da EEI da Modia.
Alí nos esperaban moitas sorpresas. En primeiro lugar, os nen@s ensináronos cales eran as súas rutinas na asemblea e despois fixeron para nós a obra de teatro "A ratiña presumida" e encantounos!!!👏👏👏👏.


   Aproveitando que tanto na Modia como en Covas estamos a traballar sobre o sentido do gusto, fixemos unha actividade de degustación. Primeiro os nen@s fixeron un zume de laranxa, e despois as mestras fixéronos batidos de mango con laranxa, cenoria e laranxa, plátano con laranxa e galleta.
   Para rematar, comemos bocadillos de diferentes sabores, algúns doces e otros salgados. Hai que decir que a panaderia da Modia regalounos o pan para os bocatas, moitas gracias!!.
   Con esta actividade, pretendíase que os nenos e nenas discriminasen sabores como: doce, salgado e amargo, e ademais pasámolo xenial.



sábado, 19 de noviembre de 2016

FESTEXAMOS O MAGOSTO!!

Xa estamos no mes de novembro, e con el chegou o Magosto.  Este ano fixemos uns bolsos para levar as castañas e quedaron moi chulos😍😍.  As nenas de Covas estaban guapísimas👌.



O venres 18 tivemos unha xornada de convivencia cos nenos/as do colexio Enrique Barreiro, onde comemos castañas asadas e xogamos con diferentes xogos populares. Agradecer á nai de Paula Ortega a súa compaña e colaboración 👏👏.




Por último dicir, que na semana do 14 de novembro iniciamos una UDI sobre o gusto, e aproveitando a visita ao colexio Enrique Barreiro buscamos a un "neno celiaco" que o profe Fernando nos contou había no colexio.
Previamente as nenas fixeron as súas hipóteses sobre como podería ser un neno celiaco (podería faltarlle un ollo, o nariz, ter cabeza de dinosaurio...) e ademáis fixeron un debuxo de como  o imaxinaban e puxéronlle un nome.
Pois ben, o venres 18 as nenas de Covas foron por cada aula do colexio buscando ao famoso neno celiaco e por fin o atopamos na aula de 6º. Chámase Noel e cunha presentación de Power Point, explicounos o que significaba ser celiaco.  Moitas gracias aos nenos/as de 6º e en especial a Noel 👏👏😚😚.






sábado, 5 de noviembre de 2016

FESTEXAMOS O SAMAÍN!!😱😱

   Durante as semanas do 17 e 24 de outubro estivemos a festexar o Samaín. Fixemos un morcego e un colar con fimo, contamos historias de medo,  e sobre todo bailamos moito, moitísimo!!!




domingo, 16 de octubre de 2016

HOXE VISITOUNOS...

   Nesta entrada do blog imos facer unha recompilación das visitas que imos ter as nenas da aula de Covas de Lobos durante o curso 2016/2017.
   O venres 14 de outubro tivemos a visita de Marián, unha traballadora do departamento de educación da ONCE (Pontevedra). Marián axudounos a desvelar o enigma do conto "El caracol Serafín", un conto en braille que apareceu na nosa aula e que non atoparamos a ninguén que fora capaz de contárnolo. 
   Pois ben, Marián contounos a historia do caracol Serafín, e non só iso, senon que ademais fixemos con ela varias actividades como: adiviñar unha cor polo seu cheiro, facer un pequeno circuito cos ollos tapados e usando o bastón, ensinounos a guiar a unha persoa cega e aclarou tódalas dúbidas que tiñamos sobre a vida cotiá dunha persoa cega.





O venres 21 de outubro estivo na aula de Covas de Lobos Martina Fernández diplomada en óptica  e optometría. Explicounos cales son as principais partes dos ollos, o motivo polo cal algunhas persoas deben levar gafas e ademis dounos algunhas indicacións sobre saúde visual. Foi unha sorte ter na aula unha profesional así. Gracias Martina.


No pasado mes de setembro puidemos dar un paseo por Cambados con Yesi, unha rapaza de 20 anos que ten unha enfermidade rara sen diagnóstico. Neste paseo os nenos e as nenas decatáronse das barreiras arquitectónicas coas que se atopa Yesi acotío para moverse polas rúas.
O venres 4 de novembro tivemos a sorte de contar, de novo, coa presencia de Yesi. Nesta visita Yesi veu ao noso colexio para recoller os case 300 kg de tapóns que os nenos e nenas de Vilariño recolleran para ela e ademais, aproveitando a presencia de Víctor Caamaño, solicitouselle a creación dunha rampa para que así, a biblioteca do noso colexio fora accesible a persoas con movilidade reducida.



O martes 8 de novembro, o alumnado de infantil (Covas e Vilariño) e o da EEI da Modia, recibimos a visita da directora e algúns dos actores/actrices da compañía do teatro Caracol. Nesta visita explicaron algúns dos pasos que se seguen para a realización dunha obra de teatro. Ademáis fixemos varios xogos de dramatización nos que tiñamos que imitar animais e despois realizar una pequena obra ambientada na selva. Foi unha experiencia moi divertida onde aprendemos moito e pasamolo xenial, moitas gracias 👏👏😚😚.




O venres 16 de decembro, estivo no colexio Diego Cordeiro, cociñeiro do Parador de Cambados. Aproveitando que na aula estabamos a traballar sobre o sentido do gusto,  Diego presentounos diferentes tipos de froitas, algunhas delas eran tropicais como o maracuyá, a froita da pasión ou  os lichis. Con estas froitas fixemos unha degustación para diferenciar sabores doces e amargos, e despois Diego fixo uns zumes que estaban riquísimos.  Para rematar a sesión varios nenos e nenas fixeron de pinches e axudaron a Diego a facer unhas brochetas de froitas.
Moitas gracias pola túa colaboración Diego, esa mañá aprendemos moitas cousas novas contigo. 👏👏👏


O venres 17 de marzo, as nenas de Covas e os nenos e nenas da Modia asistimos a un contacontos. Un contacontos moi especial, xa que Fernando "Nandaz" (o seu apodo), que era o narrador, é unha persoa xorda, polo que para comunicarse con nosco utilizou a lingua de signos.
Nandaz pertence a Federación de Asociacións de personas xordas de Galicia e un especialista en Linguaxe de signos español.
En primeiro lugar Fernando contounos un conto coa axuda de dúas intérpretes (Laura e Adriana) e despois iniciounos na LSE.
As nenas e nenos prestaron dende o principio moita atención e o fixeron xenial.
Moitas gracias Nandaz polo teu interese en colaborar connosco e por achegarnos á aula outra forma máis de comunicarnos.





O mércores 26 de Abril, estivo na nosa aula de Covas de Lobos Thais. Thais é a persoa que o ano pasado organizou a escola de verán da Illa de Arousa.  Nesa escola fixeron actividades moi interesantes, entre elas aprenderon a canción "Chea de vida" de Guadi Galego en lingua de signos.
Xa que este ano imos ter a sorte de que Guadi Galego veña ao noso colexio a cantar a mesma canción, pensamos que sería moi interesante aprendela na linguaxe de signos.
É por iso polo que Thais estivo parte da maña connosco aprendéndonos a canción en lingua de signos.  Moitas gracias Thais polo teu tempo e sobre todo paciencia, con xente coma ti, é posible facer realidade as ideas máis "tolas".



O martes 30 de maio, tivemos dúas visitas moi especiais: María (fisioterapeuta) e Ángela (farmacéutica) . Días antes, na aula, estivemos hipotetizando sobre qué significaba ser fisioterapeuta e farmaceutica, e por fín, o misterio desvelouse.
En primeiro lugar, cada unha das profesionais, explicounos en que consistía a súa profesión. No caso de María ademais ensinounos a dar unha masaxe, e a sentarnos axeitadamente, tanto nunha cadeira como no chan. Ángela lembrounos a importancia de seguir as instruccións que nos da o pediatra sobre como tomar un medicamento, o perigo que supón xogar con eles e outras pautas saudabes como o emprego de gafas de sol, botar cremas solares...
Moitas gracias ás dúas, foi unha actividade na que aprendemos tod@s moito!!







viernes, 7 de octubre de 2016

A VISTA

   Neste primeiro trimestre estamos a traballar o sentido da vista. Dentro desta temática, estamos afondando na cegueira. Ademais temos  a sorte de que a ONCE nos facilitou recursos tanto materiais como persoais.  A continuación podedes ver unhas imaxes nas que as nenas fan diferentes xogos nos que non poden usar o sentido da vista.  Tamén podedes ver como se iniciaron no sistema braille coa axuda do noso novo amigo Braillín.









miércoles, 5 de octubre de 2016

O COMEZO DUN NOVO CURSO...

Comeza un novo curso 2016-2017, e con él novas ilusións e proxectos.  Neste curso imos facer un proxecto sobre o corpo humano e a saúde, en especial imos centrarnos nos 5 sentidos:

  1. No primeiro trimestre imos traballar a vista, centrándonos na cegueira, e o gusto onde afondaremos no mundo dos celiacos.
  2. No segundo trimestre traballaremos o olfato coa creación dun perfume e o oido, no que combinaremos a música co mundo da sordeira.
  3. Para rematar o curso, faremos un obradoiro de masaxe co que traballaremos o sentido do tacto.
  4. Ademáis faremos un obradoiro da figura humana onde contaremos coa colaboración de algúns artistas.
Mans á obra!!