domingo, 16 de octubre de 2011

A MIÑA CARA

   Neste curso escolar, de xeito paralelo ao proxecto anual sobre o universo, imos traballar unha serie de secuencias didácticas de diferente temática.  
   Neste primeiro trimestre imos traballar sobre as nosas caras. 
  1. Na primeira sesión cada neno/a fixo un autorretrato.  Nesta actividade os nenos/as debuxaban libremente as diferentes partes da cara (sen correxirlles respecto á posición e número das mesmas) e utilizaban as cores que querían.
  2. Na segunda sesión cada neno/a frente ao espello describíase a sí mismo reparando no lugar onde se atopaban as diferentes partes da cara e as características das mesmas (cor, tamaño...).  Esta mesma actividade realizouse por parellas para compararse así entre eles/as.
  3. Na terceira sesión, e agrupados por parellas, os nenos/as tiñan que pintar ao seu compañeiro/a as diferentes partes da cara seguindo as indicacións da mestra (o nariz de vermello, a frente de verde, os beizos de azul...).

1 comentario:

  1. OS NENOS E NENAS DE VILARIÑO26 de octubre de 2011, 3:40

    Ola! Somos os nenos e as nenas de Vilariño. Estades moi guapos e guapas co queixo pintado de cor verde. A Iván gústalle o nariz pintado de vermello.

    ResponderEliminar