sábado, 3 de junio de 2017

OBRADOIRO DE ARTE CON ABI CASTILLO

O xoves 11 de maio, tivemos a sorte de realizar un obradoiro de arte coa artista Abi Castillo.
Seguindo co proxeto anual sobre o corpo humano, nesta ocasión, centrámonos no noso rostro.  Previamente ao obradoiro, na aula traballamos as nosas características físicas, para iso utilizamos o espello, despois cada nena aprendeu a describirse empregando adxectivos como loira, morena.. e a continuación realizaron o seu propio autoretrato.
No obradoiro con Abi Castillo, utilizamos unhas láminas que representaban retratos que se atopan no museo Thyssen Bornemisza (Madrid).  Estas imaxes foron seleccionadas e facilitadas por membros do departamento de educación do museo.

O obradoiro tiña varios obxectivos:

  1. Dar a coñecer a figura de Abi Castillo e a súa obra.
  2. Recoñecer e valorar a profesión de ilustrador/a.
  3. Iniciar ao alumnado no coñecemento de obras plásticas do museo Thyssen Bornemisza.
  4. Empregar diferentes elementos na composición dunha obra plástica.
Agradecer a Abi Castillo a súa colaboración desinteresada neste obradoiro. Gracias a persoas así, achegamos e espertamos a curiosidade do noso alumnado ao mundo do arte.










No hay comentarios:

Publicar un comentario