domingo, 12 de febrero de 2017

Obradoiro da figura humana coa artista Lula Goce

   O pasado 30 e 31 de xaneiro tivemos a sorte de realizar un obradoiro da figura humana coa artista Lula Goce.  As nenas de Covas reciberon na súa escola aos nenos e nenas da escola da Modia.  Alí esperaba Lula Goce, a artista que vai pintar a fachada do CEIP Enrique Barreiro.
  Antes de continuar, hai que agradecer as familas da Modia e de Covas que axudaron para a realización deste obradoiro.  Sen eles non sería posible levalo a cabo.

   En primeiro lugar,  Lula presentounos o seu traballo onde vimos que a figura humana e a vexetación son os protagonistas.





   A continuación Lula fíxolles fotos aos nenos/as simulando que estaban interaccionando cunha pranta/árbore.  Unha vez feitas as fotografías, proxectáronse na parede, onde os nenos/as coa axuda das mestras, familias e Lula repasaban as siluetas dos seus corpos.

   Creamos a cor da nosa pel, e para sorpresa Lula aprendeunos que era necesario usar cores como a azul ou verde para chegar a cor "carne".



   Mentres que uns rapaces e rapazas pintaban os murais, o resto, coa axuda da mestra Sara e das familias,  pintaban  xornais e debuxaban follas de árbores que máis tarde recortarían.






   Para acabar, este é o resultado final, uns muráis que nos deixaban sen palabras.  Prometemos facer unha exposición para compartir co resto da comunidade a arte que teñen estes nenos e nenas.






3 comentarios:

  1. Precioso y gran trabajo que se an realizado los niñ@. Muy buen trabajo y los niñ@ quedaron encantad@s. Gracias

    ResponderEliminar
  2. PRECIOSO Y GRAN TRABAJO EL QUE REALIZARON NIÑ@ Y MALLORES. MUCHAS GRACIAS. LOS NIÑ@S DISFRUTARON MUCHO.

    ResponderEliminar
  3. Precioso y gran trabajo que se an realizado los niñ@. Muy buen trabajo y los niñ@ quedaron encantad@s. Gracias

    ResponderEliminar