Durante a semana do 20 de febreiro estivemos a festexar o entroido. Cada día da semana as nenas de Covas debían seguir os mandatos do Meco.
O luns tiñamos que vir vestidas como se fosemos a unha voda, o martes de embarazadas (tivemos un parto en vivo e directo), o mércores cos ollos e beizos pintados e un bigote, e o xoves como se estivemos no baño.
Para o día do entroido, 24 de febreiro, as nenas de Covas foron disfrazadas de corpo humano. O disfraz o fixeron elas e foi o produto final dunha unidade didáctica integrada que comezou no mes de xaneiro.
Para a relización do disfraz, tiñamos diferentes tarefas como:
- Busca de información sobre os órganos que hai no noso corpo e onde están colocados.
- Picado de 18 pezas de gomaeva (por cada nena) que nos servirían para facer os órganos.
- Unha vez picados e pegados os órganos tiveron que enchelos con fibra.
- Etiquetado dos órganos. Cada nena escribiu o nome do órgano (respectando a etapa da escritura na que se atopan).
No hay comentarios:
Publicar un comentario